martes, 28 de julio de 2015

25 de Xaneiro



Como corren os ventos ninguén sabe. O tempo rípase aínda con máis abelencia. Sen ún saber, esváese coma a escuma do mar entre os dedos, sen deixar siquera ese frío da auga ceibe, suxeita só ao dictado das mareas, a forza invisível do astro da noite que ven ser, sen sabermos, quen verdadeiramente regula o camiñar todo do planeta.

Os días pasan con ese silencio que ninguén pode interpretar, se é que ten algún sentido. Poderiamos contalos coma se fosen minutos, mais non son. Suman mais, muito mais, e fanse meses, anos... Os menceres non cambian, quen os vemos, si. O percurso das cousas, os folgos das correntes presentes ou non, os chíos dos paxaros, o aceno protector da minha nai que apenas me conhece xa... Quedou na memoria, que é un xeito de tempo que non pasa, pero que nos fai trampas até levarnos a darlles ás lembranzas o xeito que nos convén... Todo pasa. Os días e as noites. E as lembranzas.

E un dia soupeches o que nin sospeitabas, como se a mudanza fose súpeta e mesmo sorprendente. Sorpresa é a palabra, sí. Mesmo sabendo que non hai un só camiño que fose deseñado definitivamente. Un dia espertas e tes un pensamento que non debía estar aí. Ou si. O caso é que non ten unha explicación nin siquera aproximada. Se cadra a vida é un xogo de presencias e ausencias. De cousas e persoas. E pensamentos.

Ata que chega un mencer así, que separa un dia do outro, mais ti sabes que non é só iso. É mais. E tanto mais que non acabas de comprendelo, por mais que comprendelo non teña a mais mínima importancia. Está aí, gris e azul, con eses tonos das luces das cociñas doutrora, lonxe, no tempo da infancia, mesturados con aquel olor a leite queimada e leña a arder e frio afora... O frío ten un olor acedo, desacougante, olor a desfeitas próximas ou remotas. O frío é seguro, volta sempre.

Quen sabe se non será un pouco estúpido estar sempre a pensar en si mesmos, como se fosemos algo importante. Teria mais sentido situarse aí afora, enriba das nubes case xa pretéritas, aló enriba, en Marte ou Xúpiter, só por ver todo o que pasa aquí embaixo. Se é que pasa algo, que tampouco é seguro, tal vez todo son ilusións para poder pasar as follas dos calendarios.

Todo é igual ou aproximadamente igual. Ata que muda. Entón, nun suspiro, despois dunha noite con pouca vocación, todo é novo por ningunha razón. E mira por onde ún que non lembra apenas o dia do cumpreanos, vai lembrar, porque quere, o dia 25 de Xaneiro. Do ano catorce. Nacín un dia catorce e agora vivo no número 59. Xa sei, tanto ten, mais non deixa de ter a sua cousa.

"... que toda la vida es sueño..."




2 comentarios:

  1. Y es que la vida pasa como en un sueño, aunque a veces ese sueño nos parezca una pesadilla.... Los años no dejan de ser una fracción de tiempo de la cual no deberíamos depender tanto como de lo que nos dicta nuestro propio espíritu....

    Biquiños!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Y tanto que sí. Qué sé yo que tendrá Don Tiempo que tendemos a confundirlo con cosas varias y al tiempo nos confundimos nosotros también, jajaja. Menos mal que la cosa no es crónica. De vez en cuando nos espabilamos. ;)
      Biquiños!!!

      Eliminar